Ultimas publicaciones de Vieiros

  • Até sempre
    Hoxe, 24 de xullo de 2010 e véspera do Día Nacional, Vieiros pecha logo de 15 anos de ilusión e esforzo por manter o medio que sempre soñaramos.Un país normalIndependencia, creatividade e esplendor
  • Un país normal
    A crise que se está a vivir revela a febleza do noso sistema mediático (o que aposta polo uso normal do idioma), a pesar dos titánicos esfozos dos seus editores.Os medios en galego viviron e viven fundamentalmente da publicidade e convenios institucionais e en moita menor medida do escaso mais valioso apoio privado. A aposta pola publicidade en galego e en medios en galego ainda non callou nas nosas empresas. A situación na prensa noutras linguas non é moi diferente, e en maior ou menor grao, o apoio das administracións é decisivo para a súa supervivencia. Pero os nosos medios…
  • Independencia, creatividade e esplendor
    No limiar da edición facsimilar do Vieiros de México (1959-1968), publicada por Edicións A Nosa Terra, Margarita Ledo principiaba: “Estás tocando galego, como decisión de sermos independentes, criativos e esplendorosos”. A histórica publicación da que collemos o nome procurou unha Galiza moderna, aberta a Portugal, feita desde o exilio e a emigración para unha comunidade única de galegos no mundo. Esa foi a arela que tiveron aqueles visionarios (Luís Soto, Carlos Velo, Florencio Delgado...). É unha forma de entender Galiza, de pensar o país dun xeito moderno, ecléctico e desacomplexado. Foi a base editorial do actual Vieiros.Manter esa liña e…
  • Regresa o Culturgal
    Por fin unha boa nova para o sector cultural. Logo dun ano en branco pola negativa da Xunta a financialo, as asociacións dos diferentes sectores culturais decidiron rescatar o Culturgal.
  • Caixa Breogán e o Pastor pasan as probas de resistencia
    No documento oficial distribuído polo CEBS refírense á nova entidade resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova como ‘Caixa Breogán’.
  • No 25 de xullo, "que a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas"
    Compostela convértese este domingo na peneira dun diverso e abondoso número de actos que reivindican máis autogoberno, celebran o Día de Galiza ou lle rezan ao Apóstolo.
  • A RAG presenta un recurso contra o decretazo
    O presidente da Xunta foi avisado previamente ''por motivos de transparencia e de lealdade institucional'', segundo apunta a institución.
  • Eganet tacha de "intromisión empresarial"un programa das cámaras de comercio
    A Asociación de Empresas Galegas Adicadas á Internet alerta de que as axudas camerais ofertan "webs pouco profesionais" e "de produción masiva".
  • Este verán: Tola atrás de ti!
      En apertada votación, o xurado elixe o tema de Sés. No podio tamén: 'Amorío no estío', 'Galician Punchi Ghaiteira' e 'A marajota'.
  • O Estado Español continuará a non recoñecer a independencia de Kosovo
    Admite que a decisión da Corte Internacional de Xustiza da ONU sobre este territorio "abre unha nova fase" baseada no diálogo con Serbia.